Boas! O programa Dígocho eu, guiado pola xornalista Esther Estévez na CRTVG, presenta de maneira divertida os usos normativos do galego e pon de manifesto algúns dos erros máis comúns que cometemos ao falalo. Postos a encararnos cos bechos peludos, propóñovos este exercicio no que Estévez explica a fala de distintos animais. Escoitade o vídeo e, a continuación, marcade as seguintes frases como verdadeiras ou falsas, pero non vale darlle de novo ao play! Nas falsas, indicade por favor cal sería a forma correcta. 1. Os gatos miúñan. 2. As lobas oubean ou oulean. 3. Os cabalos emiten rinchos. 4. As vacas muxen. 5. Os xabaríns e os cochos roñan e rosman. 6. Os tigres ruxen. 7. As ovellas balan. 8. Os paxaros chían. 9. As pegas e os corvos grañan. 10. As moscas zunen. Conta cantos acertos tiveches. Cada día, ao terminar a clase sumaremos a puntuación de cada exercicio conxunto. Quen máis puntos xunte poderá ...