O falar dos bechos


 
Boas! O programa Dígocho eu, guiado pola xornalista Esther Estévez na CRTVG, presenta de maneira divertida os usos normativos do galego e pon de manifesto algúns dos erros máis comúns que cometemos ao falalo.
 
Postos a encararnos cos bechos peludos, propóñovos este exercicio no que Estévez explica a fala de distintos animais. Escoitade o vídeo e, a continuación, marcade as seguintes frases como verdadeiras ou falsas, pero non vale darlle de novo ao play! Nas falsas, indicade por favor cal sería a forma correcta.

1. Os gatos miúñan.
 
2. As lobas oubean ou oulean.
 
3. Os cabalos emiten rinchos.
 
4. As vacas muxen.
 
5. Os xabaríns e os cochos roñan e rosman.
 
6. Os tigres ruxen.
 
7. As ovellas balan.
 
8. Os paxaros chían.
 
9. As pegas e os corvos grañan.
 
10. As moscas zunen.
 

Conta cantos acertos tiveches. Cada día, ao terminar a clase sumaremos a puntuación de cada exercicio conxunto. Quen máis puntos xunte poderá elexir como quere comezar a seguinte sesión. Pode ser cunha música que lle guste, cun vídeo, cunha lectura, unha reflexión ou imitando un animal, como queira, que para algo gañou!
 
Saúdos!


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Trotsky, nome de can

Reflexión: Santa María la Blanca (Madrid)