Reflexión. Amara Berri (Euskadi)

 Na miña experiencia como alumna de linguas non botei en falta o seu uso nun contexto real, seguramente porque na adolescencia descoñecemos partes importantes do que non sabemos. Fun descubrindo as miñas carencias cando empecei a ampliar o círculo persoal. Resultábame incómodo falar en galego pola cantidade de erros que cometía e era incapaz de expresarme en inglés pola vergoña que me producía expoñer o meu nivel pésimo despois de case dez anos de estudo. Penso que a metodoloxía do Amara Berri, na que se empregan  situacións reais na aula coa participación de todo o alumnado e o profesorado, resultan moi útiles para a aprendizaxe de linguas, pois o que propón é sumerxirse nunha realidade na que, no caso das linguas, multiplícanse os inputs e xestiónanse os erros con naturalidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Trotsky, nome de can

Reflexión: Santa María la Blanca (Madrid)