Reflexión. Colegio Verdemar (Cantabria)
Participar na elaboración de produtos artesanais para a súa posterior venda co obxectivo de recoller fondos destinados a ONG require dunha excelente comunicación entre todas e todos os que forman parte do proxecto. Dende a didáctica das linguas poderiamos propoñer unha sesión na que aprender a verbalizar os sentimentos que poden xurdir dentro dun grupo de persoas que desenvolven un proxecto. Por exemplo, o alumnado aprendería a xestionar o malestar persoal que pode causar o cuestionamento das súas ideas.
Comentarios
Publicar un comentario