Reflexión. IES Miguel Catalán (Madrid)
O alumnado que estuda no IES
Miguel Catalán (Coslada, Madrid) síntese orgulloso do seu centro. A fortaleza dese vínculo resulta dunha serie de programas que permiten á rapazada participar en iniciativas que se desenvolven fóra do eido educativo e que lles permiten mellorar algúns aspectos da comunidade mediante relacións de cooperación. Gustoume ver a unha rapaza relatar a súa experiencia coa entrega de libros ás persoas ingresadas no hospital. Non me sorprende que os resultados
académicos deste IES superen a media da Comunidade de Madrid tanto en secundaria como en bacharelato. Cando se substitúe a relación xerárquica habitual dos centros por unha máis horizontal, na que todos aportan de maneira activa, o lóxico é que a rapazada sinta o instituto como algo máis propio. Penso que un dos grandes logros deste tipo de programas, segundo salienta un profesor involucrado, reside en conseguir que o alumnado tome conciencia da súa enorme capacidade para cambiar pequenas cousas. É o único inicio posible para que os grandes cambios cheguen.
Comentarios
Publicar un comentario