Reflexión. EVA: o podcast

 O que máis me interesa dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe (EVA) é a posibilidade que brindan para traballar coa comunicación, aspecto que considero fundamental no eido das linguas. Penso que o podcast pode resultar moi útil para o traballo de linguas pola súa versatilidade para abordar valores, relacións humanas, coñecementos...

Por exemplo, no caso da rapazada que se incorpora aos centros sen coñecer a lingua, o traballo coa radio preséntase como un entorno lúdico no que perderlle o medo ao idioma e ao mesmo tempo eliminar barreiras co resto do alumnado.

Desde o departamento de orientación podería propoñerse unha actividade na que o alumnado estranxeiro elixise unha palabra ou unha expresión do seu idioma significativa, característica ou que bote en falta no seu país de acollida. Os seus compañeiros e compañeiras deben atopar a palabra en español e galego que mellor se axuste ao termo proposto, de maneira que se constrúan pontes entre as dúas culturas. Co resultado destas pequenas intervencións podería elaborarse unha publicación semanal en Instagram na que se difundisen as palabras. A final de curso pode recollerse un pequeno dicionario de ida e volta.

Na clase de C1 de galego na EOI podemos propoñer ao noso alumnado a elaboración dunha cuña publicitaria para a radio. O contenido pode ser libre, pero non debe superar os 40 segundos de duración. Esa brevidade e o uso dunha linguaxe persuasiva permitirannos enriquecer os rexistros nos que usamos o galego.

Bea Cuesta, profesora de Filosofía e alumna de C1 de galego, ocorréuselle unha boa idea e deixounos aquí o exemplo perfecto, baseado na materia que ela imparte.

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Trotsky, nome de can

Reflexión: Santa María la Blanca (Madrid)