Innovar: o noso punto de partida
Penso que durante demasiado tempo interpretamos o verbo "innovar" como o resultado da aplicación sistemática das novas tecnoloxías na ensinanza. O descoñecemento das ferramentas alimentaba a resistencia a cambiar o modelo tradicional. Porén, se pensamos na innovación como unha actitude coa que procurar solucións que faciliten a aprendizaxe do noso alumnado, disiparemos moitos dos medos a experimentar. No meu caso particular, gustaríame innovar dentro da aula para mellorar a comunicación entre o alumnado e o profesorado, pero tamén entre os integrantes de cada un dos colectivos. Considero que unha correcta comunicación senta o primeiro paso para establecer relacións de respecto.
Comentarios
Publicar un comentario