Reflexión. Centro Padre Piquer (Madrid)
O primeiro que imaxino cando penso na fusión de dous grupos de secundaria, de 25 integrantes cada un, é na pandemia. Pero supoño que a distancia de seguridade será historia cando a vacina faga efecto, así que non haberá excusa para non implementar propostas coma esta, na que se eliminan as barreiras entre materias e na que se da un maior protagonismo á socialización. Para min, este último aspecto é dos máis relevantes da experiencia na escola. Cantos grupos de música naceron tras compartir pupitre! Apréndese moito dos demais cando traballamos en grupo e iso vale tanto para o alumnado como para o profesorado, que sempre se queixa da súa soedade na aula e que pode gozar aquí da compañía doutros profesionais do centro. Tamén penso que as e os docentes teñen nesta metodoloxía colaborativa unha oportunidade para descubrir as dificultades e os talentos do seu alumnado, co que establecen unha relación máis horizontal que xerárquica.
Comentarios
Publicar un comentario