Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Teitos de Piornedo

Imaxe
Nos teitos das pallozas seguro que hai ben de bechos peludos, vamos a por eles! Botádelle unha ollada a este vídeo e comentaremos que vos suxire. - Cal credes que é o segredo para que se manteñan os teitos das pallozas de Piornedo? - Por que unirán forzas as veciñas para conservar os teitos das pallozas?   Gustaríame que léramos esta nova publicada polo diario El Progreso: "Veciñas de Piornedo lanzan en Goteo un proxecto para reparar as pallozas". - Quen pode explicar en que consiste unha campaña de micromecenago?  - Están aínda a tempo ou os danos son irreparables? - Que van facer cos cartos recadados? - Pensades que a conservación dos teitos repercute na comunidade? Por que?  

Reflexión: Santa María la Blanca (Madrid)

 O proxecto de Educación Básica Interactiva do Colexio Santa María la Blanca, de Madrid, resolve unha das grandes inquedanzas do profesorado: adaptar a súa materia aos intereses e destrezas de cada un dos estudantes. Porén, penso que unha iniciativa deste tipo require dun grupo de docentes formados nese eido e cuxa cohesión sexa case inquebrantable, pois todas e todos deben acomodar a súa forma de ensinanza a esa metodoloxía. Aínda que se pensamos en que o profesorado da meirande parte dos centros xa se adapta a un esquema bastante ríxido de ensinanza, non parece tan aventurado. No caso da ensinanza de linguas, o alumnado pode presentar niveles moi diversos, como diversas son as súas habilidades, de maneira que este método acomódase á perfección para atender ás súas necesidades.