Teitos de Piornedo
Nos teitos das pallozas seguro que hai ben de bechos peludos, vamos a por eles!
Botádelle unha ollada a este vídeo e comentaremos que vos suxire.
- Cal credes que é o segredo para que se manteñan os teitos das pallozas de Piornedo?
- Por que unirán forzas as veciñas para conservar os teitos das pallozas?
Gustaríame que léramos esta nova publicada polo diario El Progreso: "Veciñas de Piornedo lanzan en Goteo un proxecto para reparar as pallozas".
- Quen pode explicar en que consiste unha campaña de micromecenago?
- Están aínda a tempo ou os danos son irreparables?
- Que van facer cos cartos recadados?
- Pensades que a conservación dos teitos repercute na comunidade? Por que?
Comentarios
Publicar un comentario